Moito máis que unha libraría

Un espazo cultural cheo de mundos e historias para todos os públicos.

Moito máis que unha libraría

¿Quén somos e qué facemos?

O 21 de maio de 2018, Nathalie Budiño decide emprender un proxecto no barrio onde naceu, en Santiago de Compostela. Un proxecto que nace non só como unha libraría xeral senón como un espazo multidisciplinar e multicultural.

Estuda Maxisterio e Educación Especial, así que pronto a súa actividade céntrase en traballo infantil.

Non só iso; durante un tempo traballa e adquire unha importante experiencia e preparación na Libraría Abraxas. Dende alí centrará a súa actividade durante 13 anos no Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago.

De aí pega o salto ao seu proxecto Os mundos de Carlota, nome co que quere dar a entender que no seu proxecto caben moitas outras cousas, actividades e ideas. Moitos mundos, moitas aventuras, moitas historias, dentro deste crisol cultural chamado Os mundos de Carlota.

Consulta o horario na páxina principal.

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información Pechar